Equipamentos culturais coma teatros, cines, auditorios, bibliotecas e museos poderán abrir ao 30 por cento

O presidente avanzou hoxe en comparecencia esta reapertura condicionada á capacidade

15/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeMúsicaTeatroAudiovisualLiteraturaArte
30 lecturas | Compartido 0 veces

eatro Principal de Santiago. Xullo de 2020. Representación de 'O moxo da última fila' Foto:S.Montes

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ven de confirmar na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico de Sanidade unha parcial modificación das restricións que afectan a toda Galicia. A falta da total concreción, que se especificará nun decreto aínda en elaboración, o presidente adiantou que no relativo ao sector da cultura permitirase a reapertura e volta á actividade de bibliotecas, museos, salas de exposicións, arquivos, salas de cine, auditorios e teatros. O mandatario asegurou que a actividade destas instalacións terá como límite o 30% da capacidade de público nesas instalacións. Agárdase que esta apertura sexa efectiva ao día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia do decreto que as regula, presumiblemente este mércores 17 de febreiro. O peche perimetral por municipios manterase polo de agora.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios