As novas restricións contra a Covid fechan a actividade cultural presencial en todo o país

O presidente da Xunta anunciou a clausura de espectáculos, museos e centros culturais

25/1/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadepolíticas culturaisespectáculos
41 lecturas | Compartido 0 veces
O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, anunciaba este 25 de xaneiro as novas restricións que se aplicarán no conxunto do país ao longo das vindeiras tres semanas para tentar controlar a pandemia de Covid-19. Logo de atender as propostas do comité clínico organizado para asesoralo, o executivo acordou, entre outras medidas, fechar museos, centros culturais e todo tipo de espectáculos. Ademais, o comercio non esencial, que inclúe librarías, tendas de discos e outros establecementos de carácter cultural, terá ás 18 horas o seu horario máximo de feche. As medidas anunciadas, que se publicarán no Diario Oficial de Galicia con máis detalle no día 26, estarán en vigor en principio ata o vindeiro 16 de febreiro.
As medidas determinan tamén que as universidades non retomarán as clases ata o 8 de febreiro e que estas non poderán ser presenciais antes do día 17. Con carácter xeral, prohíbense as xuntanzas de persoas non convivintes en todo o territorio.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas