A cidade de Vigo recupera desde hoxe un espazo para a proxección audiovisual e ademáis un nome asociado á cultura viguesa desde finais do século XIX: os cines Tamberlick. As salas de cine do Centro Comercial Praza ElÃptica reabren, volvendo á actividade tras uns meses pechados e usan o nome da histórica sala que acolleu as primeiras proxeccións de cine mudo na cidade. Unha nova empresa operadora do espazo situado nos sotos do centro comercial recolleu a luva de volver á actividade de proxección audiovisual e renomeu as salas cun nome ilustre de fonda pegada na vida cultural viguesa, Tamberlick, o lugar que acolleu as primeiras proxeccións de cine da cidade e cuxo edificio estaba situado a 700 metros do actual.
Orixinariamente Tamberlick foi un teatro-circo inaugurado en 1882 ao estilo do teatro Circo Price de Madrid na actual Rúa Eduardo Iglesias da cidade, onde aÃnda quedan os arcos de pedra orixinais do edificio tras da súa demolición en 1991. A súa inauguración deu entón nome ao vial que ata o ano 1919 foi denominado Rúa do Circo. O nome colleuno do tenor italiano Enrico Tamberlick, que foi a estrela da súa inauguración. Anos máis tarde comezou a proxectar cine, en 1897, con doce pezas de cine mudo procedentes do Cinematógrafo Lumière. Mantivo esa actividade e alà foi onde se fixo a primeira proxección de cine sonoro de Vigo, probablemente de Galicia, o 14 de marzo de 1930, coa pelÃcula "The Jazz Singer". En 1988 pechouse o espazo definitivamente, e agora é o seu nome o que volve a representar ao cine nestas salas que reabren hoxe ao público.
As oito salas de cine do centro comercial, renomeadas agora asÃ, abriron inicialmente no ano 2000 e mantivéronse activas ata o 2009. Volveron á actividade en 2010 da man da empresa Galicine que a mantivo ata febrero deste ano e agora volven da man da empresa Cinema Vigo S.L.. Ademais da marca recuperada, a nova dirección quixo impulsar un cambio estético cunha decoración que homenaxea ao estilo clásico da sala da que toma o nome. Xunto ás estreas de éxito e ao cine familiar, a xerencia ten pensado ofrecer tamén cine en versión orixinal e cine alternativo. Desde este venres, 2 de xuño, Vigo volve contar co cine Tamberlick.