O 25 cabodano do poeta Lois Pereiro este ano celebrase desde hoxe, dÃa do seu cumpreanos, en Monforte de Lemos cunha campaña impulsada desde o Ateneo casino a través das redes e tamén no eido da producción editorial. A editora Chan da Pólvora réndelle homenaxe ao autor coa publicacióm dun conxunto de cadernos inéditos que descubren perspectivas do seu proceso creativo e sitúannos "na atmosfera fascinante dun poeta que atopou nas ondulacións da mente a palabra exacta da poesÃa", segundo a editorial. O libro baixo o tÃtulo Cadernos persoais, con edición e notas de Hector Cajaraville, formará parte da colección Cova da Lontra e súmase aos actos que se lle renderán ao longo do ano. Precisamente, este martes dÃa 16 –cuando cumprirÃa 63 anos– o Ateneo Casino da súa cidade natal, Monforte de Lemos, comeza unha iniciativa de difusión no cancelo #LP25anos, que lle permitirá que todas as persoas subir un vÃdeo dun minuto onde reciten os versos do poeta. Entre outras personalidades da cultura, penduraranse intervencións de Manuel Rivas, Olga Novo ou Mercedes Peón. A iniciativa está aberta á participación de quen se queira sumar subindo ás redes os seus propios vÃdeos tributo a Lois Pereiro co cancelo #LP25anos"
O libro de Chan da Pólvora ofrecerá un material ata o de agora descoñecido, cunha introdución do propio Cajaraville sobre o volume. Desde a editoria sinalan que o valor dos cadernos, cedidos pola familia, non é soamente documental ou biográfico, "senón de grande intensidade literaria, en tanto que proporcionan un novidoso panorama sobre o proceso creativo dun escritor que concibiu a poesÃa como medio de liberarse da opresión social e que se convertiu, desde o DÃa das Letras que lle dedicaron en 2011, nunha das figuras máis admiradas e queridas da literatura galega recente". Os textos que publican agora, como subliña Cajaraville, "están extraÃdos de cinco blocs escritos polo autor entre os anos 1989 e 1993 e conservados polo seu irmán Xosé Manuel xunto con outros textos manuscritos inéditos. A maiorÃa das anotacións que os compoñen están realizadas coincidindo coas múltiples viaxes que realizou por diferentes paÃses europeos (Francia, Alemaña, Bélxica e Reino Unido) durante eses anos. Ademais, o volume inclúe a transcrición dunha axenda de 1996 (regalo de Isabel, muller de Xosé Manuel) que contén apuntamentos realizados entre os meses de xaneiro e abril dese ano, o derradeiro da vida de Lois".