O reformado Centro Coreográfico Galego (CCG), sen produción de seu nin dirección propia desde 2019, volve servir como plataforma da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade para a convocatoria da coprodución de tres novos espectáculos de calquera modalidade de danza. A páxina web da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), presenta as bases para a presentación de proxectos, dirixidas a profesionais da produción escénica que realicen a súa actividade maioritariamente en Galicia, quen deberán presentar proxectos orixinais que non fosen producidos con anterioridade. Os espectáculos seleccionados recibirán unha achega económica que non poderá exceder o 80% do orzamento total do proxecto, cun máximo de ata 18.000 euros para cada un deles. Ademais, disporán das instalacións do CCG, na Coruña, para os ensaios e a montaxe das pezas.
Para a selección dos proxectos crearase unha comisión de valoración, integrada por tres profesionais do ámbito das artes escénicas galegas, que terán en conta as caracterÃsticas técnicas e económicas das propostas. A selección que publicará o CCG incluirá a contratación da estrea e parte da exhibición dos proxectos elixidos. Segundo se recolle no documento publicado o venres, o prazo de execución dos proxectos elixidos non poderá superar os 12 meses a partir do contrato. Asà mesmo, ás persoas adxudicatarias se lles require acreditar a estrea do espectáculo e a realización dun mÃnimo de dúas representacións durante a duración do contrato, a maiores da estrea e das actuacións contratadas nas redes xestionadas pola Xunta de Galicia.