O Festival de Cine escolar Olloboi achega novidades na súa edición 2021

Engade unha categoría para xubilados e presentará un filme sobre os dez anos do proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Festival de Cine escolar Olloboi achega novidades na súa edición 2021

Sen actividades presenciais, o Festival de Cine escolar Olloboi presenta a décima edición a ampliar a súa proposta. O habitual certame de curtametraxes mantense a engadir unha categoría, Xubiloi, dedicada ao profesorado xubilado. Ademais, o encontro propón obradoiros gratuítos en liña para alumnado de primaria ou secundaria e para docentes. A conmemorar a primeira década de existencia do proxecto, vaise presentar o documental Cadernas de Olloboi, unha película coa que "pretendemos dar unha visión sobre a evolución do uso do audiovisual nas aulas, rendendo tributo a toda a comunidade cómplice que apoia este modelo educativo-cultural tan transversal, altruísta e rebelde".

As persoas interesadas poden inscribir ata o vindeiro 14 de maio os seus traballos para optar aos galardóns das dez categorías do festival. A organización non celebrará entrega presencial de galardóns, pero dará a coñecer os traballos premiados a través das redes.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Óscars escolares

Óscars escolares

O Festival Olloboi amosa a potencia da creatividade audiovisual no ensino

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Secundaria, Documental

Claves