Pedro Brandariz leva de xira polos colexios o seu espectáculo 'Contos Choqueiros'

O cómico fará ata 60 pases desta montaxe de narración oral sobre o Entroido

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Pedro Brandariz leva de xira polos colexios o seu espectáculo 'Contos Choqueiros'

Malia estar pechados os teatros e auditorios, as escolas seguen abertas e o cómico e narrador oral Pedro Brandariz comeza hoxe unha extensa xira de actuacións co seu espectáculo sobre o Entroido, "Contos Choqueiros", co que percorrerá once centros educativos ata o día 25 de febreiro. Axeitando as representacións aos grupos-burbulla nos que están distribuídos os estudantes, Brandariz fará entre 4 e 9 sesións diarias do seu espectáculo, chegando nesta xira a facer máis de 60 pases en total. A resposta por parte dos colexios a esta oferta escénica foi tan positiva que nalgunha xornada contarase coa participación dunha segunda narradora oral, Leticia Miranda,para poder duplicar as representacións.

"Contos Choqueiros" é un espectáculo de narración con contos e historias propias do Entroido, que ten como obxectivo dar a coñecer as principais figuras do “carnaval galego”: peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiros… En 45 minutos Brandariz recupera as tradicións típicas do Entroido, pero sobre todo artella unha sesión de contos divertida, dinámica e didáctica. A xira comeza hoxe mesmo, 8 de febreiro no Grove, no CEIP As Bizocas e levará ao comediante a Boiro, O Incio, Mazaricos, Masía, Oroso, Moeche, Cabana de Bergantiños e Culleredo, para rematar a xira o día 25 na Coruña no CEIP Alborada.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Contos, Pedro Brandariz, Entroido...