A situación sanitaria e as súas previsións máis próximas, que fan case imposible a celebración de eventos na primeira metade do ano, fan que os organizadores busquen solucións prudentes que comezan situando as seguintes edicións nas datas que ven máis viables. Asà esta semana, no eido audiovisual, tanto o festival Play-Doc de Tui coma o Festival de Cans veñen de sinalar cara o mes de setembro para as súas citas anuais. Ambos eventos repetiran por tanto o mes co que se puideron celebrar o pasado 2020, cando tiveron que cancelar as tradicionais datas primaverais nas que se Ãan celebrar.
A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, decidiu que a XVIII edición volverá celebrarse na primeira semana do mes de setembro, en concreto entre o mércores 1 e o sábado 4. Nos vindeiros dÃas, o festival comunicará as datas estipuladas para o envÃo de obras a concurso e os prazos marcados. Varias son as novidades que se aplicarán con respecto a edicións anteriores. O pasado ano, arredor de 3.000 persoas pasaron por Cans no mes de setembro, para participar en todas as actividades do festival, realizado con estritas medidas de seguridade e de máxima hixiene sanitaria, seguindo todas as normas de distanciamento. O festival optou tamén por vÃas seguras e alternativas á presenza fÃsica, como a retransmisión en liña das principais actividades, que acadaron a extraordinaria cifra de máis de 3.000 espectadores complementarios, que poideron seguir o festival desde as súas casas. O Play-Doc, Festival Internacional de Documentales de Tui repite tamén datas respecto ao 2020 e celebrarase do 22 ao 26 de setembro. O festival de Tui recibiu a 1.883 espectadores presenciais e máis de 15.000 accederon á súa programación online no pasado ano. Este festival xa ten aberto o prazo de inscrición e recepción.