Un plan de rescate que vaia alén do apoio ás empresas e que achegue axudas directas a traballadores e traballadoras do sector escénico. Esta é a reclamación que facÃa este 26 de xaneiro a Asociación de Actores e Actrices de Galicia nun comunicado dirixido ás consellerÃas de Cultura e de Emprego e Igualdade. Segundo a entidade, "a evolución da pandemia e as medidas restritivas sanitarias lévannos a un punto no que se fai inviable a actividade escénica neste momento e imposibilita as opcións dos/as profesionais dos espectáculos ao vivo de gañar o seu sustento".
Segundo a AAAG "ata este momento, a Xunta de Galicia centrou a súa intervención dende que comezou a pandemia nun Plan de Reactivación dirixido unicamente as empresas e que obviou por completo a posibilidade de lle dar cobertura e protección a traballadores/as do sector". Como medidas mais concretas, a Asociación apunta as medidas aplicadas en Cataluña e reclama "prestacións directas a traballadores/as, seguros de suspensión de funcións e partidas económicas destinadas ao mantemento de estruturas empresariais".