Marcelo Expósito, Luis López Carrasco e Álvaro Orús presentan os seus traballos no CGAI con cadanseu coloquio co público. Este venres realizarase o primeiro destes encontros coa proxección de 143.353 (Los ojos no quieren estar siempre cerrados), que terá lugar ás 19 h. E este sábado, os espectadores poderán manter un coloquio con Xosé Ramón Gayoso sobre Sempre Xonxa dentro da sección Pensando en cine, pensando en Galicia, ás 18 horas. O documental El año del descubrimiento proxectarase o xoves 28 ás 17.30 h., ao que seguirá un encontro en liña co seu realizador luis López Carrasco. Este novo traballo do autor de El futuro, considerado como unha figura única do cinema español, chega ás salas precedido dos premios nos festivais Cinéma du Réel de París, Bogotá, Toulouse ou Jeonju, así como do aplauso da crítica, que mesmo o definiu como o mellor filme español do ano. O director aragonés Álvaro Orús presentará na Coruña outro documental: El principio del fin de las armas nucleares, programado para o venres 29, ás 19,30 h.