A Fundación María José Jove crea unha bolsa para apoiar artistas do país

A entidade achegará 20.000 euros para unha estadía de dous anos no Art Institute FHNW de Basilea

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Unha bolsa dotada de 20.000 euros para apoiar a formación de artistas que teñan Galicia como lugar de orixe. Este é o novo proxecto que acaba de anunciar Fundación María José Jove. As persoas beneficiarias contarán con estes fondos para realizar o Mestrado de Belas Artes que realiza o prestixioso Art Institute FHNW de Basilea (Suiza) durante dous anos. A entidade que convoca a bolsa pagará a metade da achega nun primeiro momento e o segundo ao finalizar os estudos en concepto de adquisición dunha obra que cada bolseira ou bolseiro deberá realizar no curso da súa formación.

Con este proxecto a fundación pretende "contribuír á formación no estranxeiro de artistas nados en Galicia; incentivar a produción visual, promover o establecemento de redes de apoio e canles de difusión dos artistas galegos, así como o cuestionamento e investigación das prácticas artísticas nos seus contextos sociais e o desenvolvemento de novos enfoques e métodos comunicativos".

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes

Claves

Conceptos