O Centro Ramón Piñeiro edita unha exhaustiva guía da prosa galega medieval

A obra pódese descargar de balde

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cuberta do libro

Cuberta do libro

Durante varios anos, os investigadores do Centro Ramón Piñeiro (CIRP) reuniron toda a información sobre a prosa medieval en galego para dar a luz a Guía para o estudo da prosa galega medieval, coa edición a cargo de Esther Corral e Ricardo Pichel. Segundo o CIRP, "é o primeiro libro que ofrece un estudo completo e rigoroso do corpus da prosa galega medieval con información actualizada dos textos e das investigacións publicadas (incorpóranse obras ata o de agora descoñecidas e novas interpretacións de certos testemuños)". O manual permite acceder a información e bibliografía sobre a prosa de ficción, co ciclo artúrico, carolinxio ou clásico, á prosa historiográfica, xurídica, haxiográfica ou técnica e vén acompañada de numerosas ilustracións dos manuscritos. O libro pódese descargar de balde na libraría web da Xunta.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Guía, Centro Ramón Piñeiro

Claves

Protagonistas
Conceptos