A RAG amosa a prosa de Manuel Antonio nun volume

O Centro Ramón Piñeiro editará as cartas de Cunqueiro a Alberto Casal

7/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Dúas obras que recuperan aspectos inéditos de cadanseu nome fundamental das nosas letras. Segundo adiantaba La Voz de Galicia esta fin de semana, a Real Academia ten listo o volume no que rescata a descoñecida obra en prosa de Manuel Antonio. A obra, anunciada xa en 2010, abre a nova colección Clásicos da Academia e terá continuidade cun epistolario, un volume de poesía e mais unha biografía do poeta. A mesma serie acollerá unha antoloxía de literatura galega en dous tomos.

Pola súa banda, o Centro Ramón Piñeiro editará en breve o epistolario entre Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal. O proxecto amosará, segundo asegura o seu editor, Luís Cochón, aspectos descoñecidos da personalidade e da vida do escritor mindoniense.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Antonio, Manuel Antonio, Manuel Antonio, Ramón Piñeiro...