Os Cadernos Ramón Piñeiro publicaron vixésimo oitavo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro: Cunqueiro, destinatario. Trátase dunha recompilación de 68 misivas dirixidas a Álvaro Cunqueiro.
Segundo explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, constitúe un volume que complementa outro anterior, o XXIII, tamén dedicado ao escritor mindoniense baixo o título Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961), no que se recollía corre spondencia entre Cunqueiro e Casal ao longo de seis anos. 68 misivas escritas por 35 remitentes e datadas entre os anos 1949 e 1979, recibidas en Mondoñedo e en Vigo, na súa meirande parte da autoría de Francisco del Riego, e nas que podemos atopar cartas de Blanco Amor, de Aquilino, de Gamallo Fierros, de Montero Díaz..., detallou García Gómez.