Tres filmes relacionadas con Álvaro Cunqueiro están en proceso de recuperación

Neste 2011 celébrase o centenario do nacemento do escritor mindoniense

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Alén de escritor e xornalista, Álvaro Cunqueiro tamén extendeu a súa actividade cara o ámbito audiovisual. La Voz de Galicia publica hoxe que tres títulos vencellados co escritor foron localizadas e están en proceso de restauración. Trátase de dúas curtametraxes de carácter documental (35mm) e media hora de duración das que Álvaro Cunqueiro fixo o guión. Son, dunha banda, Galicia do malogrado Claudio Guerín e da outra Viaje gastronómico por Galicia de Pedro Olea. Ademais, hai unha mediometraxe Verde e mar de José Grañena que está depositado no CGAI e na que Álvaro Cunqueiro fai unha pequena presentación.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Documental, Guión, CGAI...