O Centro Ramón Piñeiro presenta dous documentos sobre a prosa medieval

A prosa de Merlín e Tristán

Xa se sabe un pouco máis sobre a descoñecida prosa medieval. E isto débese as publicacións que o Centro de Invetigación Ramón Piñeiro acaba de facer públicas no marco do Congreso Internacional de Literatura Medieval, o "Iberia cantat". Cos "Fragmentos do Livro de Tristán" e "O Livro de Merlín" poderemos descubrir máis cousas sobre o xénero máis descoñecido da Idade Media: a prosa.

Cuestión de xéneros




Sobre a literatura da Idade Media sábense bastantes cousas. Pero a maior parte delas son relativas á lírica. De feito, no congreso que remata hoxe en Santiago, o "Iberia cantat", estudiosos con Tavani á cabeza amosaron o avanzadas que están as investigacións sobre Lírica Medieval. Por ese motivo, as dúas publicacións que presenta o Centro Ramón Piñeiro resultan esclarecedoras sobre a situación do xénero. Pola súa parte o "Fragmento do livro de Tristán" recolle a materia da Bretaña, é dicir, as lendas artúricas ou o mito de Tristán e Isolda. Pola outra banda, "O Livro de Merlín" recolle a tradición cultural común entre Galicia e Portugal na Idade Media.






Proxecto medieval




Os volumes presentados no congreso forman parte da liña de investigación sobre "Prosa literaria", unha das catro que se desenvolven na Facultade de Filoloxia. Coñecido co nome de "Proxecto Arquivo Galicia" a Facultade de Filoloxía desenvolve estudios relativos á "Lírica medieval galego-portuguesa", "As Cantigas de Santa María", " A Prosa Documental" e a xa mencionada, "Prosa literaria".









O Centro Ramón Piñeiro e Eladio Rodríguez


A comisión rectora do Centro de Investigación Ramón Piñeiro reunirase o vindeiro 18 de abril. Unha xuntanza na que se vai a presentar catro traballos realizados sobre a vida e obra de Eladio Rodríguez, o homenaxeado este ano con motivo do día das Letras Galegas. Unha xuntanza na que asistiran, o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares, o presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego e os rectores das tres Universidades Galegas, Darío Villanueva, Meilán Gil e Domingo Docampo.