O concerto semanal de abono que celebra este 14 de xaneiro a Real FilharmonÃa de Galicia inclúe no seu programa a estrea dunha obra de autorÃa galega. Gratulantes é o tÃtulo da obra que a compositora SofÃa Oriana Infante (Santiago, 1989) escribiu por encargo da formación, na liña de apoio a novas voces neste campo que mantén a FilharmonÃa. A obra cunha duración aproximada de dez minutos, está inspirada na celebración do Ano Xacobeo. Segundo a compositora "escollÃn unha peza do Códice Calixtino, Gratulantes celebremus festum, sobre a que traballei. A composición desenvólvese mediante unha estrutura reiterante, similar a un rondó, nun único movemento". No traballo "a forza enérxica das cordas achega texturas densas e agres, que contrastan co carácter alegre e festivo dos ventos. O oÃnte poderá percibir influencias compositivas moi distintas fiadas de forma coherente e sempre con referencias simbólicas persoais ocultas como adoito facer en todas as miñas obras". SofÃa Oriana Infante é autora da banda sonora de diversas pelÃculas, entre elas Elisa y Marcela de Isabel Coixet.
O concerto, que comeza ás 20:30 horas, poderá seguirse a partir das 20:45 por streaming no Facebook e no Youtube da Real FilharmonÃa. O recital comezará coa estrea en España de Dark, with excessive bright da estadounidense Missy Mazzoli e finalizará coa SinfonÃa nº 8 de AntonÃn Dvorák (1841-1904).