A RFG estrea hoxe en Vigo a obra 'Sálvora' do compositor Xabier Mariño

A peza está inspirada nunha lenda sobre a illa e é primeira dun tríptico sobre as Illas Atlánticas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Nicholas Angelich e a Real Filharmonía de Galicia             FOTO: RFG

Nicholas Angelich e a Real Filharmonía de Galicia FOTO: RFG

A Real Filharmonía de Galicia estrará hoxe no Teatro Afundación de Vigo a obra Sálvora de Xabier Mariño (Ponteareas, 1983). Esta estrea absoluta forma parte do programa que a orquestra dirixida por Paul Daniel dará na cidade olívica acompañada polo pianista Nicholas Angelich. Sálvora é unha partitura escrita por encargo da RFG dentro do seu programa de impulso a novos compositores e está inspirada nunha lenda que xunta a seres míticos, sereas, e viquingos na illa á que se refire e mitifica a orixe do apelido “mariño”. Na obra, toda esta historia, forma un dos fíos argumentais, ademais doutras cuestións propias das características da illa. Outra das ideas de Sálvora, segundo Mariño, é a intención de formar parte dun tríptico coas súas ‘irmáns maiores’ dentro das chamadas ‘Illas Atlánticas’ xunto con Ons e Cíes. No concerto de hoxe ás 20 horas a RFG tamén executará, en estrea para España, a obra Scenes from Schumann, op. 13 do británico Robin Holloway e outras dúas obras do propio Schumann: Carnaval, op. 9 e Concerto para piano en la m, op. 54.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sálvora, Teatro, Teatro Afundación de Vigo, Real Filharmonía de Galicia...