O Festival Kerouac celebra a súa terceira edición mexicana

Poesía galega, estadounidense e mexicana danse cita no encontro entre o 22 e o 24 de xaneiro

8/1/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
31 lecturas | Compartido 0 veces

A se adaptar á situación pandémica, o Festival Kerouac non cesa a súa actividade internacional. Este 22 de xaneiro de 2021 bota a andar a terceira edición México do evento nado en Vigo. Poetas deste país atópanse cunha representación da lírica galega e outra estadounidense nun programa que se desenvolverá ata o día 24 nun formato mixto entre o presencial e o virtual. Castelán, spanglish, galego, náhuatl e lingua maia atoparanse en recitais de Rocío Cerón, Chus Pato, Marcos de la Fuente, Lara Dopazo Ruibal, Samir Delgado, Balam Rodrigo, Angel Sulub, Felipe Carrilo Puerto, Hubert Matiuwaa, Horacio Warpola ou Karloz Atl & Circus Gitanus. Unha sesión especial achegará unha panorámica de poesía, música ou performance de México con Tania Favela, Zazil Collins e Adriana Camacho, Carlos Ramirez Kobra, Lucía Hinojosa e Klaus Sour e mais Jessica Rodarte. Todos os eventos poderán seguirse pola rede.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, México, Chus Pato, Lara Dopazo Ruibal...

Claves

Conceptos
Lugares