No marco das conmemoracións do centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, e na véspera do noveno aniversario da súa morte, o Concello de Santiago presentaba, este 4 de xaneiro Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso. Xosé Ramón Fandiño asina este volume, que se presenta como "a biografía completa e posiblemente definitiva" sobre o galeguista. O autor fai un exhaustivo percorrido pola vida do homenaxeado, do que destaca a "lealdade inquebrantable que lle profesou durante toda a súa vida ás utopías republicanas e galeguistas nas que se educou", a súa "inmensa capacidade intelectual e creativa" e mais a "enorme capacidade de traballo" que posuía. O traballo está publicado na colección "Saber e descubrir", e os mil exemplares da tiraxe distribuiranse en centros de ensino e socioculturais, bibliotecas, e estarán a disposición das persoas interesadas no Teatro Principal.
A coincidir co cabodano do galeguista, o Consello da Cultura Galega acaba de publicar no seu Álbum de Galicia un texto biográfico do autor, tamén da autoría de Fandiño. O texto compleméntase con catro entrevistas con Díaz Pardo conservadas nos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia e coa biografía do seu pai, Camilo Díaz Baliño.