Coincidindo có dÃa do nacemento de Isaac DÃaz Pardo, este sábado 22 de agosto, o Concello de Sada quere ensalzar a figura do intelectual no ano do seu centenario programando diversos actos con todas as medidas sanitarias necesarias. "Non debÃamos pasar esta data sen programar, aÃnda que de maneira simbólica, actos que reflexen o cariño e o respecto do noso municipio á figura cultural e artÃstica máis destacada de Sada, e quizais de Galicia, no pasado século", sinala o alcalde Benito Portela nun comunicado emitido polo consistorio. Asà o sábado desde as 12:00 horas o artista plástico sadense JA! realizará un mural nunha das paredes do espazo multiusos do Paseo MarÃtimo,recreando unha interpretación de A rapaza que leva na cabeza un mundo de cousas que pode precisar na vida, obra realizada a principios dos anos 70 por DÃaz Pardo. A celebración do centenario finalizará cun acto que se celebrará ás 13:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura onde se ensalzará a vida e obra do fillo adoptivo de Sada cunha proxección de imaxes e un vÃdeo mostrando a vida do intelectual, participarán familiares e achegados de Isaac DÃaz Pardo, a Asociación Cultural Irmáns Súarez Picallo e a agrupación musical Nova Troula.
Paralelamente e durante todo o mes de agosto a ConcellerÃa de Cultura programa unha exposición de rúa coordinada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo co tÃtulo "Isaac 1920-2020". En 20 paneis situados en cinco cubos ao longo da avenida da Mariña, fronte ao edificio de A Terraza, poderase contemplar a vida e obra de Isaac DÃaz Pardo. A biografÃa do autor e a súa vinculación coas Cerámicas do Castro e o Museo Carlos Maside; a faceta artÃstica de DÃaz Pardo e distintas pezas de porcelana creadas polo artista ocuparán os paneis da exposición.