A Xunta de Galicia conmemora o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto de 1920 - 5 de xaneiro de 2012) coa grande exposición As miradas de Isaac que se inaugura hoxe na Cidade da Cultura de Galicia, composta por 263 pezas, obras de arte, fotografías, publicacións, murais, audiovisuais e obxectos persoais para reconstruír a vida de entrega a Galicia desde a pintura, a cerámica, o deseño, a escritura e a iniciativa empresarial deste personaxe irrepetible. Dous dos seus fillos, Xosé e Camilo Díaz Arias de Castro, son os comisarios desta grande exposición deseñada en dez seccións cun espazo central vertebrador, repartidas por todo espazo do andar primeiro do Museo Centro Gaiás.
A través destas seccións analizaranse e divulgaranse a importancia do pai -Camilo Díaz Baliño no desenvolvemento da súa personalidade; a infancia e mocidade compostelá; a faceta de pintor, que deixou unha profunda pegada en todas as súas realizacións; ou o seu contacto co exilio e o seu compromiso pola recuperación da memoria histórica. De igual xeito, nelas amosarase o seu labor como escritor; os emprendementos empresariais, con Sargadelos como insignia das súas realizacións industriais; ou as iniciativas culturais e investigadoras, entre as que cabe destacar o Instituto Galego de Información ou o Seminario de Estudos Galegos. A mostra tamén incidirá na súa faciana como deseñador industrial, que proxectou en máquinas, porcelanas ou mobles; no seu carácter de editor en Ediciós do Castro; e no seu papel como recuperador con Luis Seoane da vangarda artística galega anterior á Guerra Civil, coa posta en marcha do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. No espazo central proxectarase un audiovisual realizado por Cecilia Díaz e Jordi Cussó no que, a través de fragmentos de entrevistas de arquivo, se vai debullando a vida e pensamento de Isaac Díaz Pardo.