O espectáculo Eterna e Múltipla reivindica a poesía erótica de Carballo Calero

O Museo de Pontevedra acolle o evento este mércores 23 ás 20 horas

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
O espectáculo Eterna e Múltipla reivindica a poesía erótica de Carballo Calero

Eterna e Múltipla. Unha conversa a tres voces de muller coa poesía de Carvalho Calero é a proposta coa que a Deputación de Pontevedra fecha as actividades de homenaxe polo Día das Letras Galegas. A actividade, que tivera que se adiar no seu momento, chega este 23 de decembro ao Museo de Pontevedra ás 20 horas da man do colectivo O fruto e a Serpe. Elvira Jardón e Cynthia Menéndez, serán as principais responsables de pór voz aos poemas eróticos do autor, que combinarán con material propio e acompañamento musical. A propota poderá seguirse tamén vía streaming a través do web da Deputación Provincial.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Museo de Pontevedra, Carballo Calero, Espectáculo...