A RAG comunica á Federación Galiza Cultura que non se prolongará o ano Carballo Calero

Responde así á petición formulada por estas entidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:

A Real Academia Galega comunicoulle á Federación Galiza Cultura, a rede que congrega a dezaoito asociacións culturais do país, que non prolongará en 2021 o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carballo Calero, segundo publicou Nós Diario. A carta responde á petición inicial cursada pola federación, que pregaba á Academia unha decisión "excepcional xustificada pola gravidade da situación que estamos a padecer". Por outra banda, a Deputación de Pontevedra presentou unha programación homenaxe a Ricardo Carballo Calero, que arrincará este mércores ás 20 horas cun concerto de Xardín Desordenado no Museo de Pontevedra baseado na obra poética de Carballo Calero. O día 23 a sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acollerá a presentación do libro Carvalho Calero sen Fronteiras, de Aser Álvarez. O 30 de outubro o Museo de Pontevedra acollerá un espectáculo centrado na poesía erótica do autor, a cargo do colectivo O fruto e a serpe. Eterna e múltipla será un "híbrido entre un recital, un concerto e unha tertulia" centrada no diálogo entre xeracións.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, Ricardo Carballo Calero, Museo de Pontevedra...