O informe " A representatividade e a representación das Mulleres no Audiovisual Galego. Ficción 2020" da Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuais (CIMA) servirá de base para un acto hoxe no que tomará parte a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, a decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres-Romay e a directora de Igualdade da Uvigo, Águeda Gómez. O evento, que poderá seguirse en directo hoxe ás 17:00 horas pola canle de YouTube da deputación incluirá a presentación dos vídeos "Análise de Planos con perspectiva de xénero", "A representatividade das Mulleres no sector" e "desenvolvemento da proposta didáctica", para comezar logo un debate/conversa ao que se sumarán a actriz Mariana Carballal e a socióloga Amada Trabada.
Carballal e Trabada foron coordinadora e participante respectivamente na elaboración do estudo "A representatividade e a representación das Mulleres no Audiovisual Galego. Ficción 2020" sobre o papel das mulleres no audiovisual galego. A particularidade deste estudo, máis aló de ser o primeiro que analiza o sector nunha comunidade autónoma concreta, é o seu carácter didáctico e, de feito, abordarase en formacións de Comunicación Audiovisual e de Imaxe e Son. O resultado da investigación amosou con datos situacións como que as actrices conseguen menos papeis protagonistas a medida que cumpran anos, ao contrario do que sucede cos homes. Tamén mostra que, pese á sensación de que cada vez máis mulleres ocupan roles decisivos na industria, as porcentaxes que indican unha clara superioridade masculina mantéñense.