As estrelas Michelín galegas premian a proximidade e a sustentabilidade do territorio

Galicia bate records no número de estrelas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

14 restaurantes galegos recibiron este ano estrelas Michelín, a distinción máis prestixiosa no ámbito da gastronomía e a máis influínte na proxección internacional da gastronomía dun territorio. Xunto á confirmación de todos os existentes, súmaselles tres novos membros deste clube: Silabario (Vigo), Eirado da Leña (Pontevedra) e Restaurante Miguel González (Pereiro de Aguiar, Ourense). Pero a gran novidade é a consecución dunha segunda estrela Michelín para o restaurante Culler de Pau (O Grove), unha distinción que sitúa ao establecemento meco nun reducido clube de excelencia, e co que se premia á cociña de Javier Olleros, un cociñeiro moi implicado no desenvolvemento local e no mantemento e preservación de especies vexetais e animais, así como dos oficios artesanais. Adicionalmente, a guía Michelín creou este ano as Estrelas Verdes, distincións a aqueles restaurantes con "valores sustentables que forman parte da súa filosofía de traballo". Culler de Pau tamén recibiu unha destas distincións, canda Pepe Vieira (Poio) e O Balado (Boqueixón).

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gastronomía, Filosofía, Guía, Pontevedra...