Galicia obtén a súa decimoterceira estrela Michelín

Casa Marcelo, en Santiago, é o restaurante incorporado

| Santiago. Redacción | Seccións: Gastronomía
Compartir:

Galicia acadou trece estrelas Michelín na nova edición da Guía Vermella 2016, unha máis que na anterior edición. Desta volta, a estrela vai para Casa Marcelo, un emblemático restaurante compostelán que xa dispuxera da estrela e renunciara a ela cando evolucionara, en 2013, a un formato máis convencional. Galicia convírtese así na cuarta comunidade autónoma en número de estrelas Michelín, despois de Euskadi, Cataluña e Madrid. Todos os restaurantes galegos teñen unha estrela do máximo de tres que concede a Guía Vermella.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Euskadi, Cataluña, Madrid

Claves

Conceptos