Son dúas pinturas flamencas do século XV, un Ecce Homo e unha Virxe Dolorosa elaboradas por Dieric Bouts, e chegaron ao Museo de Pontevedra como parte da colección Fernández López, que adquirira a Deputación en 1994. Agora, o goberno polaco púxose en contacto coa entidade para reclamar os dous cadros. Estes foran substraÃdos polo exército de ocupación alemán á princesa Czartoryski durante a invasión de Polonia. O goberno de Polonia adquiriu en 2016 a importante Colección Czartoryski, entre as que se incluÃan estes cadros substraÃdos polos nazis, e púxose en contacto coa institución pontevedresa para reclamar as pezas. O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, xa sinalou que as pezas serán devoltas "con moito gusto". As dúas obras estieran expostas nos edificios centrais do Museo pero por mor das obras nestes momentos estaban nos almacéns. A intención do Museo de Pontevedra é expoñelas por última vez no Sexto Edificio, cun propósito pedagóxico.