Os dous Degas supostamente roubados en Nigrán eran falsos

Expertos do museo Thyssen-Bornemisza negaron a autoría dos cadros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

No pasado febreiro un empresario denunciou o asalto a unha residencia que tiña en Monteferro (Nigrán) na que foran substraídas dúas obras de arte atribuídas por el ao pintor impresionista francés Edgar Degas, e que el estimou, na denuncia, nun valor de catro millóns de euros. O propietario afirmaba ter adquirido as pezas había trinta anos, pero carecía de documentos acreditativos da autoría das pezas. A Garda Civil púxose en contacto con técnicos do museo Thyssen-Bornemisza que negaron categoricamente que fose Degas quen pintara eses cadros, e que se trataba de imitacións de mala calidade. A Garda Civil interrumpiu a investigación na procura das obras.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nigrán, Garda Civil

Claves

Entidades
Lugares