A aldea abandonada de Os Muíños recuperarase para acoller a familias de mozos

Aldeas último modelo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A aldea de Os Muíños, no concello de Barbadás (Ourense). será o núcleo dunha experiencia de rehabilitación integral. A aldea, formada por dezaoito vivendas en estado ruinoso, foi adquirida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para ser rehabilitada de xeito integral, respectando os sistemas constructivos e estructuras tradicionais e creando un edificio comunal no centro da aldea.

Os novos repoboamentos

O proxecto pretende recuperar un importante enclave tradicional para a súa revitalización como vivendas para mozos de ata 35 anos. A aldea estaba completamente abandonada e moitas das súas casas nun avanzado estado ruinoso. En setembro comezarán as obras de remodelación e recuperación desta aldea situada próxima á capital deste pequeno concello de case sete quilómetros e a cinco quilómetros de Ourense.



Rehabilitación integral

O proxecto do equipo de arquitectos contempla un investimento de 300 millóns, destinados ó asfaltado da estrada que leva ata a aldea, a mellora dos servicios de saneamento, a restauración das casas e a rehabilitación dun edificio de uso comunal actualmente en ruínas e que exercerá como marco de referencia para a rehabilitación do resto do edificio.




Políticas de vivenda

O proxecto está promovido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), xestionado por Xestur en colaboración co concello de Barbadás. O obxectivo do IGVS é que se combine a iniciativa pública coa privada unha vez rematada esta primeira fase a través da construcción de novas vivendas.


Que che parece esta nova?
6 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Unha aldea na que o mundo continuou

Unha aldea na que o mundo continuou

As escavacións na aldea mindoniense de Combarro amosan como a caída do Imperio romano non colapsou as prácticas da sociedade galaicorromana

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muíños, Ourense, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)