Este sábado a ConsellerÃa de Cultura deu a coñecer os galardoados nos Premios da Cultura Galega 2020, no sque se recoñece "o labor creativo de Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos". Na modalidade de letras é a escritora Ledicia Costas, "unha das escritoras máis lidas e premiadas do panorama literario galego e tamén unha das máis traducidas". No campo das artes plásticas, o premio vai para Xurxo Lobato, "un dos fotógrafos máis representativos da actualidade. A súa obra ofrece unha peculiar imaxe da realidade, un selo persoal que nace dunha mirada subxectiva para ofrecer un diálogo antropolóxico e crÃtico con diferetnes tempos e estéticas". Nas Artes Escénicas, galardoouse á Federación de Teatro Afeccionado de Galicia (Fegatea). "As agrupacións escénicas locais desenvolveron un circuÃto de teatro afeccionado por toda Galicia, ademais de contribuÃr á proxección da cita anual do teatro galego". No eido da música os premios distinguiron á aCentral Folque pola súa contribución "ao estudo, á promoción e á divulgación da música galega, cubrindo a carencia existente ata o momento nas ensinanzas regradas da nosa música popular". En Audiovisual, o premio vai para Chema Prado, "o director máis lonxevo da Filmoteca Española". En Lingua, recoñeceuse o traballo de Xosé González MartÃnez, "un dinamizador, no sentido máis amplo da palabra, da cultura e da lingua galegas, tarefa que leva desenvolvendo toda a súa vida en prol da normalización plena en distintos espazos de uso. É, de feito, o creador do primeiro servizo de normalización lingüÃstica de Galicia, no concello de Redondela". No patrimonio cultural, o premio recae na Fundación Penzol, da que "a súa biblioteca e arquivo están considerados como centros de consulta indispensables para os investigadores". E, de final, o premio de proxección exterior foi para Ildiko Szijj, "responsable do Centro de Estudos Galegos en Budapest desde 2014".