A Xunta de Galicia ven de comunicar a listaxe dos galardoados dos Premios da Cultura Galega 2019. Xesús Alonso Montero na modalidade de Letras; a artista e escultora Soledad Penalta (Noia, 1943) na modalidade de Artes Plásticas; a compañÃa Monicreques de Kukas no Premio de Artes Escénicas; Amancio Prada na modalidade de Música; no Premio de Audiovisual a serie de televisión O sabor das margaridas; a profesora do IES da Pobra do Caramiñal Pilar Ponte Patiño no Premio de Lingua; o Premio de Patrimonio Cultural á restauración do Pórtico da Gloria e finalmente o proxecto Galego en Londres desenvolvido por un grupo de alumnos e alumnas de lingua e cultura galegas do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, na modalidade de Proxección Exterior, son os merecentes este ano dos premios institucionais que outorga o Goberno autonómico.
O xurado estivo presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez e del tamén formaron parte o director xeral de PolÃticas Culturais, Anxo Lorenzo; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Manuel Núñez Seixas; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, MarÃa del Mar Lorenzo; a académica numeraria e tesoureira da Real Academia Galega, Marilar Aleixandre; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Manuel Quintana; a xefa do servizo técnico-xurÃdico da Subdirección Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Patricia Fernández López; a produtora audiovisual, Mamen Quintas; o exdirector do CGAI- Filmoteca de Galicia, Guillermo Escrigas; o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Juan Saco e o presidente da Fundación RAC, Carlos Rosón.