Amancio Prada será galardoado co premio “Celanova, Casa dos Poetas”

Novos premios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Fundación Curros Enríquez concede cada ano un premio cada ano un premio para valorar a defensa que un persoeiro fai da cultura galega. Este ano o seu premio “Celanova, Casa dos poetas” foi para Amancio Prada (León, 1949) por ter cantado versos de Rosalía, Curros, Celso Emilio. Por outra banda, en Vigo, a Consellaría de Asuntos Sociais, o ICO, a concellaría de Promoción Económica e Asociación de Mozos empresarios vigueses e o IGAPE veñen de fallar os gañadores do Salón de Emprendedor do Atlántico. O Proxecto Liberus, unha empresa para venda de discos a través de internet foi a gañadora na modalidade de ideas empresariais, dotada con 2.000 euros; a filma Ecocelta fíxose cos 4.000 euros da nova empresa e Amade Promoción da Saúde cos 3.000 da modalidade de muller emprendedora.

Máis información sobre os premios en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Internet, Fundación Curros Enríquez, Galicia Hoxe...