O filósofo e escritor LuÃs G. Soto e a profesora Tareixa Roca asinan Carvalho sempre. Alustres de vida e obra, o ensaio que acaba de lanzar Espiral Maior sobre o homenaxeado no DÃa das Letras Galegas 2020. A obra fai un repaso do traballo e da biografÃa do autor a reivindicar a súa posición "ao mesmo tempo, central e marxinal na cultura galega contemporánea, incluÃndo a situación actual. Porque Carvalho representa, coa súa obra e a súa vida, moito do que se fixo e do que hai que facer, mais tamén parte daquilo que non se fixo e, mesmo, non se quere facer", segundo reza a presentación do volume.
Pola súa banda, edicións Embora anuncia para este mes o lanzamento de Ferrol, a minha terra, unha escolma de poemas do autor sobre a súa cidade de orixe. Xosé MarÃa Dobarro realizou a selección de pezas e Carlos Silvar encargouse das ilustracións deste proxecto co que a editorial reivindica a "ferrolanÃa" de Carballo.