A estrea internacional da pelÃcula 9 Fugas escrita e dirixida polo vigués Fon Cortizo no Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX) saldouse co recoñecemento da cinta como gañadora ex aequo do premio a Mellor PelÃcula xunto co filme polaco Marygoround de Daria Woszek na sección Retueyos, dedicada ás novas apostas narrativas. Dado que o festival este ano celebrouse virtualmente en liña a pelÃcula de Fon Cortizo puido ser visionada a través da plataforma FILMIN entre o 23 e o 26 de novembro, chegando a esgotar o número de accesos dispoñibles no seu caso. Coa concesión do premio ampliouse a visualización outros dous dÃas. 9 Fugas, gravada en galego, parte da banda sonora creada por una orquestra de improvisación dirixida da que xurdiron a historia e as imaxes. O filme estrutúrase en 9 capÃtulos que son vasos comunicantes a través de que flúe un relato. Nestes capÃtulos temas como a memoria, o tempo e a opresión van entrelazándose compoñendo un relato que busca enganchar nunha tea de araña de historias. En 9 fugas Cortizo conta no reparto con Areta Bolado, Ailén Kendelman, Olga Cameselle, MarÃa Roja, Lola Quirós, Alfredo RodrÃguez, Noelia Castro e Marta Pérez. Fon Cortizo ten xa no seu haber varias curtametraxes e no ano 2012 gañou o Premio Mestre Mateo a Mellor filme documental por CEF 100%. O director mandou o seu agradecemento ao certame por medio dun vÃdeo.
Hierro suma outro galardón
A serie de televisión 'Hierro' da produtora Portocabo para Movistar+ ven de sumar un novo premio ao seu xa extenso palmarés. A produción foi recoñecida coma Mellor serie nos Premis Zapping, que entrega anualmente a Associació de Consumidors de Mitjans Audiovisuals de Catalunya. A ficción, creada por Pepe Coira e dirixida por Jorge Coira, supuxo xa un gran éxito de audiencia e crÃtica na estrea da súa primeira tempada pola que foi recoñecida cos Premios Ondas (serie e actriz protagonista), Premios Iris (guion), Premios Feroz (drama e actriz protagonista), Premios Unión de Actores e Actrices (actriz protagonista), Premios MiM Series (actriz de drama) e Premios Mestre Mateo (serie de TV, dirección de produción, guion e música orixinal).