A curtametraxe 'Abellón' do realizador e guionista vigués Fon Cortizo vén de gañar o Premio á Mellor Curta da 47ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova, en Rusia. No filme Fon Cortizo a través historia de Álex, un mozo que traballa audiodescribindo películas para persoas con discapacidade visual, achega unha experiencia sobre a percepción, a identidade, a masculinidade e os coidados, usando para iso unha linguaxe cun importante peso do son como ferramenta inclusiva. O protagonista vive unha crise vital mentres tenta entender os soños perturbadores do seu avó centenario, xa incapaz de distinguir entre realidade e soño. Nesta viaxe emocional coñece a Lucía, unha rapaza cega de nacemento que lle amosa como percibe, soña e sente o mundo desde a escuridade. O reparto está conformado por Machi Salgado, Corina Alfonso e Helena Varela.