Unha versión de A lúa vai encuberta, peza escénica escrita en 1977 polo Poeta da Chaira, valeulle ás compañÃas A Quinta do Cuadrante e Incendiaria facerse co II Certame Manuel MarÃa de Proxectos Teatrais. O xurado deste certame daba a coñecer na mañá do 20 de novembro o seu fallo, no que recoñece galardoar "un proxecto importante e ambicioso, tanto no plano creativo como de realización e produción, que se propón mostrar algunhas claves para a comprensión da situación da sociedade galega actual". A obra repasa os principais acontecementos históricos do paÃs ao longo do século XX, de xeito que "estamos diante dun teatro que fala da nosa realidade usando elementos documentais e posibilitando a irrupción do real na escena". Do mesmo xeito, o comité valorou "unha hábil incorporación de diferentes xéneros, mesturando as formas de teatro máis popular, como o cabaret e o musical, con formas máis contemporáneas como o audiovisual e, sobre todo, o teatro documento”.
Incendiaria, composta por Vanesa Sotelo e Davide González e A Quinta do Cuadrante, con Tito Asorey e Melania Cruz, adaptarán de xeito conxunto este texto coa colaboración de Carlos Alonso na escenografÃa e de Laura Iturralde na iluminación. As dúas compañÃas contarán con 4.000 euros para desenvolver o proxecto e terán contratadas funcións nos trinta concellos que apoian este certame. As compañÃas estrearán a montaxe en setembro de 2021. A obra galardoada na primeira xeira, O meu mundo non é deste reino de Teatro da Ramboia, obtivo dous premios MarÃa Casares á dirección e á adaptación dun texto na última xeira destes galardóns.
O xurado do galardón estivo composto por Manuel Lourenzo Pérez, Cristina DomÃnguez Dapena, MarÃa Armesto e Alberte Ansede Estraviz, Secretario da Fundación Manuel MarÃa, con voz mais sen voto.