Vicente Araguas recibe o premio Gustavo Adolfo Bécquer

O galardón internacional recoñece o conxunto da obra do autor de Neda

O xurado do Premio Internacional de Literatura Gustavo Adolfo Bécquer seleccionou como vencedor deste galardón o escritor e tradutor Vicente Araguas, nado en Neda. O premio, convocado pola editora Sial Pigmalión e o PEN Clube España, recoñece tanto o conxunto da súa obra como o seu último traballo, o poemario en castelán Basilio de Brito ha vuelto a Lisboa. A obra gañadora presentarase nas feiras do libro de Bogotá e Madrid en vindeiras datas.

O comité de selección estivo composto por Ana Isabel Ballesteros Dorado (España), Justo Bolekia Boleká (Guinea Ecuatorial), María Antonia García de León (España), Francisco Gutiérrez Carbajo (España), Ridha Mami (Túnez), Fabio Martínez (Colombia), José María Paz Gago (España), Pilar Pedraza (Bolivia), Pura Salceda (España) e Basilio Rodríguez Cañada.