
En Ourense hoxe levarase a cabo unha gala que tamén usará da difusión en liña e que serve de escaparate da escena musical da provincia sudeste. O Centro Cultural Marcos Valcarce acolle hoxe ás 20 horas este evento que se retransmite en directo en liña e conta coa actuación de artistas locais e grupos coma Emilio Rua, Guezos, Habitación Vudú e Iván Caride. A actriz Ledicia Sola conduce o evento.
Tamén en Ourense , o festival MUSGO estreábase o pasado 2019 reunindo a máis de 3000 persoas e buscando consolidarse coma unha referencia musical do outono na cidade, apostando por ofrecer propostas emerxentes, sobre todo da escena independente galega ou internacional. Este ano a segunda edición do evento tivo que cancelar a súa previsión de outubro pero non amosou a fraxilidade da inexperiencia e ven de anunciar que sairá adiante o vindeiro 21 de novembro a través de ofrecer en liña as actuacións correspondentes. Tres concertos exclusivos se transmitirán con acceso aberto neste II MUSGO cada un desde un espazo diferente e incluso un deles desde unha sala dunha capital europea. O cartel artÃstico e horarios están por confirmar aÃnda.