O vindeiro luns daranse a coñecer os nomes gañadores dos XXIV Premios de Teatro MarÃa Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Este momento adiado desde a súa data inicial do 26 de marzo polo confinamento e as restricións non estará inserido nunha das habituais galas de entrega e levarase a cabo cun formato diferido a través de Internet. Entre as 20.00 horas e as 21.00 a AAAG irá publicando videos de entrega a cada gañador/a das catorce categorÃas a través da canle dos Premios MarÃa Casares en YouTube e nas redes sociais da propia asociación. A Xunta Directiva da AAAG tomou esta decisión de optar por esta vÃa para desenvolver os premios debido ás cambiantes e difÃciles circunstancias sanitarias e ao seu constante empeño como asociación sindical de minimizar sempre e en todo momento co preciso rigor os riscos de contaxios dos e das traballadoras da escena. No que va de ano, agás os premios Mestre Mateo do Audiovisual que se puideron entregar do xeito habitual antes do Estado de Alarma, o resto das celebracións de premios da cultura (Premios MartÃn Códax da Música, Premios Gala do Libro) optaron por adiar e facer as entregas de xeitos adaptados á situación ante o anómalo dos tempos.
16 espectáculos finalistas
Como recordatorio, cómpre lembrar que en total de 16 espectáculos son os finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns A obra Liberto, de Rebordelos, acadou un total de 7 finalistas nas categorÃas de espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista, actriz secundaria iluminación e música orixinal. Pola súa banda, a montaxe Bernarda, de Malasombra Producións, rexistra a 5 finalistas nas categorÃas de espectáculo, dirección, texto orixinal, actriz protagonista e actriz secundaria. Fariña, de Ainé producións, Undodez e Oqueteño Media, acapara tamén 5 finalistas nas categorÃas de espectáculo, actor protagonista, música orixinal, iluminación e escenografÃa. Outros 13 espectáculos acaparan candidaturas en diferentes categorÃas. Ademais diso Flor Maceiras recibirá o Premio de Honra Marisa Soto. Os videos gravados previamente recollerán xa o momento da entrega en cada caso.