Dous gaiteiros, un bretón de Saint-Malo e un galego de Viascón, procedentes de dúas tradicións distintas e ao tempo próximas, atopáronse diante dun vaso de viño e un prato de xamón, admiráronse mutuamente, un levantouse e sucedeu un instante máxico a través da música.
Así se narra no documental Ricardo Portela: Un canto de estima que estreou o Consello da Cultura Galega hoxe á mañá en Internet, producido por aCentral Folque e presentado pola poeta Alba Cid, gañadora do último premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández. Coa participación de Xosé Ferreiros, integrante do grupo Milladoiro, o gaiteiro Óscar Ibáñez, o artesán da gaita Álvaro Seivane, a intérprete gaiteira Susana Seivane, o documental percorre os aspectos humanos e profesionais do emblemático gaiteiro Ricardo Portela. Aí están o seu modo peculiar de tocar, próximo aos vellos estilos gaiteiros, curiosidades sobre os seus contratos profesionais, que estipulaban mesmo o tamaño da fonte nos carteis de anuncio das festas para que non puxeran máis pequenos os gaiteiros que ás orquestras-, a súa loita pola dignificación da gaita e o gaiteiro ou a súa capacidade para construír grandes amizades.
Pero hai unha pequena historia que conecta territorios, sonoridades e persoas. A de Patrick Molard, un dos gaiteiros máis recoñecidos da música celta e un guieiro importante para entender o despegue internacional da música desde os anos 80. Molard non coñecera a música galega ata o ano 1980 ou 1981.
Molard coñecera a música galega ao redor do ano 1980 ou 1981. O bretón acudira a un festival en Vigo co grupo Gwez e foi alí cando coñeceu o grupo Milladoiro, creado aínda en 1979. Na súa cabeza, de volta á Bretaña, foron soando todas aquelas melodías novas. Pero o impacto chegou xa no seu país, escoitando o disco de Ricardo Portela. Alí foi onde descubre Aires de Pontevedra. "Escoitara algúns discos, sobre todo de muiñeiras e outras melodías. Pero Aires de Pontevedra parecíame extraordinaria, sobre todo a primeira parte. Estaba totalmente fascinado, era tan diferente da música bretoa, irlandesa ou escocesa". Ficou tan prendido que a gravou no seu disco Cornemuse, aos trinta anos, logo de escoitar unha versión de Milladoiro. "Non sei que acontecerá en Irlanda ou en Escocia, pero aquí na Bretaña Aires de Pontevedra fíxose moi popular".
Nunha nova viaxe a Galicia, o máis próximo contacto galego a Patrick Molard, o hosteleiro e gran axitador da música folk galega Raúl Piñeiro advertiuno. Ían ir á casa daquel gaiteiro de Aires de Pontevedra, en Viascón. "E alí estaba Ricardo agardándonos ben vestido, co viño preparado, xamón e todo iso. Eu collín a miña gaita, púxenme de pé e toquei Aires de Pontevedra. E el tamén se levantou, púxose todo dereito e serio mentres me escoitaba. E logo comezou chamar á muller. "Vén, vén, ven a ver algo que nunca verás na televisión!", berroulle.
Como recoñecido intérprete internacional, Patrick Molard viviu desde dentro os acendidos debates ao redor da pureza e a influencia na música folk, entre o tradicional e o incorporado doutras tradicións. "Na Bretaña adoptamos a gaita escocesa despois da Segunda Guerra Mundial, nós aquí tiñamos a bombarda, o binioù (a gaita tradicional bretoa) ou o clarinete. "Tanto na Bretaña como en Galicia había moita influencia foránea. Na Bretaña a influencia nos compositores era escocesa e en Galicia o estilo de tocar estaba influído polos irlandeses". Había debates para ver como conservar a propia alma da música, e aí é onde o peculiar estilo de Portela representaba moito.
Molard volvía a Galicia con frecuencia como profesor ou para festivais e concertos. "Cando volvía no avión de Santiago a París ía tocando na miña cabeza todas as melodías que escoitara en todos aqueles días. E un deses días veume á mente unha melodía con aires de muiñeira. Fixen unha primeira parte, logo unha cuarta e logo xa me dixen: este tema vaise chamar Ricardo Portela. A peza, cun toque cerimonial e calmo, publicaríase no disco Deliou, no ano 2000. Ricardo Portela no ano 1992, pero a súa memoria e ronsel estaban xa se forxaban no futuro.
No mundo da gaita, as grazas devólvense cos dedos no punteiro.