
Un número especial
Trinta e sete anos leva publicándose esta revista editada pola Asociación Cultural Entre Bambalinas que neste número 100 mantén as súas seccións habituais, incluÃndo un novo apartado baixo o tÃtulo Especial 100 no que se ofrece unha mirada da evolución da publicación nas últimas décadas, asà como o seu diálogo co panorama escénico dos últimos tempos, tal e como explica Vanesa Sotelo no seu último editorial coma directora, Novas Normalidades. Sotelo sinala no texto que este número é “resultado do esforzo e a dedicación de cada un dos 99 números anteriores” e lembra que máis de medio millar de colaboracións fxeron neste tempo da Revista Galega de Teatro “unha voz de voces da escena galega e percorrendo as súas páxinas, desde o BoletÃn de Información Teatral á presente erregueté, é posible atopar figuras de diversas xeracións e latitudes que nos permiten repensar e pensar o feito escénico desde diferentes ángulos e óptica”.
As páxinas desta entrega centenaria, que xa comezou a ser enviada ao público subscrito, fan posible viaxar á década de 1920 co teatro do Grupo Nós e coñecer as previsións do horizonte teatral de 2030, que propuxo o I Congreso Internacional do Teatro Galego. No amplo abano de entrevistas aparecen os nomes de Diana Mera, AveLina, Clara Gayo, Imma António, Patricia de Lorenzo e Casilda Alfaro. Ademais, como é habitual na revista inclúe un nutrido conxunto de artigos que abordan desde a cuestión do teatro para a infancia ao teatro de monicreques, pasando polo estado da crÃtica teatral ou a importancia de contar cun plan das artes escénicas en Galicia. Fran Peleteiro asina o artigo O papel da revista como divulgadora do patrimonio das artes escénicas galegas e Afonso Becerra de Becerreá aborda o tema de A influencia da ESAD de Galiza nas estéticas teatrais do paÃs. Dous textos de creación se inclúen na colección de dramaturxia contemporánea da Revista Galega de Teatro, acadando os 102 tÃtulos.