O VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades retoma a súa actividade

Cinco mesas abordan a identidade galega no mundo da globalización entre 4 de novembro e 2 de decembro

3/11/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O pasado mes de febreiro o VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades paralizou a súa actividade por mor da pandemia logo da conferencia inaugural de Daniel Innerarity. Agora, o Instituto de Estudos das Identidades e mais o Museo do Pobo Galego retoman esta iniciativa, dedicada a "A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, Lingua e Cultura". Desde este 4 de novembro e ata o vindeiro 2 de decembro un total de cinco mesas amosarán as conclusións dos grupos de traballo do foro mediante emisións e debates a través da rede.

"A identidade cultural galega en tempos de globalización" é o título do primeiro destes encontros, que contará con Ramón Villares, Henrique Monteagudo, Olga Castro e Antía Pérez Caramés e se desenvolverá o día 4 a partir das 18:30 horas.

A este seguirán encontros temáticos sobre "Identidade, patrimonio cultural e territorio" (10 de novembro), "Medios de comunicación, novas tecnoloxías e identidade" (día 18), "Cultura popular, identidade e sociedade civil" (26) e "Crear en galego nun mundo globalizado" (2 de decembro). A inscrición para participar nos debates a través da rede é de balde.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Museo do Pobo Galego, Antía Pérez Caramés, Henrique Monteagudo...