A demografía centra os foros do Instituto de Estudos das Identidades

Os encontros Natalidade e vellez en Galicia desenvolveranse en diferentes localidades ata decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Museo do Pobo, en Compostela, acolle o vindeiro 28 de xuño o primeiro dos foros do Instituto de Estudos da Identidades deste ano. Co lema Natalidade e vellez en Galicia. Un pobo con pasado, un pobo con futuro?, estes encontros transcorrerán por diferentes localidades do país buscando a reflexión da sociedade civil encol da problemática demografía galega.

Nesta primeira xeira participarán a catedrática de socioloxía Rita Radl Philipp, Dolores Monteagudo da Sociedade Galega de Xerontoloxía, Manuel Macía Cortiñas, xefe de Obstetricia do CHUS e Marinha Cavaleiro da Asociación Mámoa. As conclusións dos diferentes encontros reuniranse nunha publicación.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Demografía

Dosier: Demografía

Xerais e o Museo do Pobo publican Galicia, un pobo con futuro?

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela

Claves