Dosier: Demografía

Xerais e o Museo do Pobo publican Galicia, un pobo con futuro?

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Dosier: Demografía

Os alarmantes datos sobre a demografía en Galicia están a ocupar nos últimos días amplos titulares na prensa do país. Está claro e a perda de poboación está a se ver, cada vez máis, como un dos problemas fundamentais da nosa terra. A tratar esta cuestión, o Museo do Pobo Galego e mais Edicións Xerais de Galicia acaban de publicar Galicia, un pobo con futuro?. O volume, editado por Manuel Blanco Desar, recolle as propostas dos foros que organizou o pasado ano da mano Instituto de Estudos das Identidades. Neste encontros,profesionais de diferentes ámbitos achegaron as súas visións sobre a problemática. Ao abeiro da actualidade da cuestión, recuperamos as nosas reportaxes sobre demografía neste dosier.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Blanco, Museo do Pobo Galego, Edicións Xerais, Culturagalega