Con motivo do centenario da revista Nós neste ano 2020, o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego coorganizan o foro “A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, lingua e cultura”. Un espazo de reflexión para situar a identidade galega nun contexto global e, ao mesmo tempo, lembrar que un século antes a xeración Nós se situou na mesma perspectiva. Unha conferencia inaugural e cinco mesas de traballo estruturan este foro.
As mesas de traballo reunirán cinco grupos persoas de diversos perfÃs intelectuais e profesionais, entre os meses de abril e outubro cada un destes grupos presentará en sesión pública os primeiros resultados das súas análises para contrastalas cos axentes sociais antes de recollelas nun documento final de conclusións. Finalmente, os cinco documentos integraranse nunha publicación coa que se pretende achegar ideas para que a sociedade galega poida repensar o que é e o que quere ser no século XXI. O foro está coordinado por Dolores Vilavedra, do Consello da Cultura Galega, e UxÃo-Breogán Diéguez Cequiel, do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego. A actividade bota a andar o vindeiro mércores 12 de febreiro coa conferencia de apertura a cargo de Daniel Innerarity, catedrático de FilosofÃa PolÃtica, investigador "Ikerbasque" na Universidade do PaÃs Vasco, director do seu Instituto de Gobernanza Democrática e profesor do Instituto Europeo de Florencia. Baixo o tÃtulo Quen somos nós? A identidade colectiva na globalización proporá unha reflexión global sobre as transformacións sociais e polÃticas, a necesidade de crear un novo tipo de cidadanÃa, repensar os espazos e mudar as formas de goberno, nas que impera a necesidade de pensar sobre o outro.
Mesas de traballo
A primeira das mesas públicas terá lugar o 16 de abril no Consello da Cultura Galega e ten como tÃtulo A identidade cultural galega en tempos de globalización. Paulo Carlos López será o encargado de coordinar a Ramón Villares, Henrique Monteagudo, AntÃa Pérez e Olga Castro. A Facultade de FilosofÃa da USC acollerá en maio a segunda das mesas, que afondará na Identidade, patrimonio cultural e territorio. MarÃa Nieves, Rubén Camilo Lois, Gonzalo Navaza e Cristina Sánchez Carretero participan nesta cita coordinada por Concepción Losada Vázquez. No mes de xuño chegará o momento de reflexionar sobre os Medios de comunicación, novas tecnoloxÃas e identidade. A Facultade de Xornalismo acollerá esta mesa, coordinada por Ramón Vilar Landeira e na que participan Valeira Pereiras, MartÃn GarcÃa, Miguel Anxo Fernández e Manuel Gago.
A cuarta mesa titúlase Cultura popular, identidade e sociedade civil. Terá lugar no mes de setembro na Facultade de FilosofÃa e contará coa participación de Antón Baamonde, Luzia Oca, Xerardo Pereiro e Celso Fernández. Prudencio Viveiro será o coordinador desta cita. O foro péchase en outubro no Museo do Pobo Galego. Baixo o tÃtulo Crear en galego nun mundo globalizado, Manuel Blanco será o coordinador do grupo formado por Manuel Bragado, Xosé Manuel Aldea, AntÃa López e UxÃo Novo.