"Vestir épocas" fai dialogar na Coruña a roupa e os cadros de época

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle a exposición ata o 14 de marzo de 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
"Vestir épocas" fai dialogar na Coruña a roupa e os cadros de época

Unha pasarela deseñada por Fernando Agrasar introduce os visitantes do Museo de Belas Artes da Coruña na exposición "Vestir épocas", unha viaxe ao redor de 300 pezas de vestiario do que é a maior colección privada galega no téxtil, a da familia coruñesa González-Moro. Trátase de roupa que vai de 1860 a 1960 e que se dispoñen nas salas en contexto con obras de arte contemporáneas a cada unha delas, procedentes do fondo do Museo de Belas Artes, a partir das cales se establece un diálogo entre "a idealización da arte e o realismo da roupa". A exposición foi comisariada por Román Padín e estará aberta ata o 14 de marzo de 2021.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Museo de Belas Artes da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares