Unha investigación leva as pinturas de Casaio ata os sete mil anos de antigüidade

Publícase o primeiro estudo científico das representacións do abrigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Motivos representados na Pala das Cabras. Fonte: Sputnik Labrego

Motivos representados na Pala das Cabras. Fonte: Sputnik Labrego

A revista de investigación Complutum publicou esta semana a primeira investigación sistemática das pinturas do abrigo da Pala das Cabras (Casaio, Carballeda de Valdeorras), descubertas a principios de 2019 polo equipo arqueolóxico Sputnik Labrego mentres investigaba acubillos guerrilleiros da Guerra Civil. Segundo os arqueólogos Manuel Sántos-Estévez, Carlos Tejerizo-García e Francisco Alonso Toucido, canda os motivos xa coñecidos do Calcolítico coma os ídolos oculados (que apareceran por primeira vez en territorio galego) e que foron pintados durante o Calcolítico (no terceiro milenio antes de Cristo), a Pala das Cabras garda tamén outras formas que se remontarían moito máis atrás, ao Neolítico, é dicir, hai sete mil anos. Por agora é só unha hipótese pendente de máis estudos, segundo os investigadores, que agardan obter financiamento para continuar co proxecto.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra Civil, Neolítico, Valdeorras, Guerrilla...