O Correlingua enfócase nos centros de ensino ante a pandemia

A 20 edición do programa achegará 16 actuacións a 12 centros escolares

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
O Correlingua enfócase nos centros de ensino ante a pandemia

Logo de ter que adiar a celebración da súa vixésima xeira a pasada primavera por mor da pandemia, o Correlingua acaba de presentar o seu programa. A se adaptar á actual situación sanitaria, a carreira polo galego transfórmase nun ciclo que achegará terá un total de dezaseis actuacións de nove artistas do país a unha ducia de centros escolares. O Pazo da Cultura de Narón abrirá este 5 de novembro a proposta, que contará coa presenza de Luís Caruncho, Cuarta Xusta, AldaoLado, Isabel Risco, Cé Orquestra Pantasma, A Gramola Gominola, Paco Nogueiras, Monoulius e Biribirlocke e que se desenvolverá baixo o lema Vinte coa lingua!. Os contidos desta iniciativa, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino, estarán tamén dispoñibles na rede.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Correlingua, Ensino, Aldaolado, Paco Nogueiras...