O 90% dos centros de primaria incumplen a Lei de Normalización

Galego en silencio

6/6/2001 | Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Segundo unha enquisa realizada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), só un dez por cento dos centros den esnio primario dan en galego o número mínimo de horas que esixe e Lei de Normalización Lingüística. Estes datos confirman os que xa presentaran a pasada semana os servicios de normalización lingüística dos centros de ensino da comarca de Santiago de Compostela.


Infantil

A enquisa sinala que só un 8,5% dos centros de ensino primario de Galicia cumpren no primeiro ciclo de primaria e en educación infantil o decreto 247/95 que regula o número mínimo de horas lectivas que se deben impartir na nosa lingua. Ademais, os datos sinalan que nestes mesmos niveis de ensino incúmprese a norma que dicta que se debe empregar "a lingua materna maioritaria dos alumnos".



Máis canto máis grandes

Do mesmo estudio, realiza cunha mostra que representa a cuarta parte do alumnado non universitario de Galicia, despréndese que o cumprimento deste decreto increméntase no segundo e terceiro ciclos de ensino primario ata un 78%. Curiosamente na ESO e no Bacharelato volte diminuír o cumprimento da lei ata un 22,9% e un 12,5 % respectivamente. Na ESO a lei impón impartir como mínimo as asignaturas de Ciencias Sociais e da Natureza e unha opativa en galego, o que, nas zonas urbanas, só se cumpre nun 7%. A enquisa tamén sinala que canto máis urbán é o centro, menor é o respecto pola lei.

Outros ciclos

Os cursos de COU e de FP-2 tamén están recollidos na enquisa, resultando ser só un 29,6% os centros de COU que cumpren coa legalidade, e un 31% os de FP-2 que tamén o fan. Os centros das provincias da Coruña e de Pontevedra son os que máis incumpren este decreto.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Ensino, Lei de Normalización Lingüística, CIG...